miércoles, 20 de mayo de 2020

3º ESO XEOGRAFÍA E HISTORIA 20 DE MAIO

2ª SESIÓN DA 9ª SEMANA DE CONFINAMENTO

Continuamos co TEMA 10: NOVAS FORMAS DE PENSAR, RENACEMENTO E REFORMA

Hoxe vades leer a PINTURA DO QUATTROCENTO (páxina 267) e a ARQUITECTURA E ESCULTURA DO CINQUECENTO (páxina 268) e contestar ás cuestións seguintes:

1.-Cales son as principais características da pintura renecentista do Quattrocento (século XV)?

2.- Define: Claroscuro e escorzo.

3.-Cita unha obra representativa de Masaccio, Mantegna y Botticell, pintores do Quattrocento. (se

podes pégaa na túa libreta).

4.-Cal foi o principal centro artístico do Cinquecento?

5.-Busca e cita unha obra de Bramante e outra de Miguel Anxo (arquitecto).

6.-Busca e cita dúas obras do escultor MiguelAnxo.


IMPORTANTE: TAREFA  DE REFORZO PARA OS ALUMNOS CA 1ª AVALIACIÓN SUSPENSA

1.- Que é a paisaxe agraria? Cita os elementos físicos que condicionan a paisaxe agraria.

2.- Define: Latifundio, minifundio, leira, openfield, bocage, barbeito, monocultivo, policultivo, cultivos 

de regadío, cultivos de secaño, agricultura intensiva e extensiva.

3.-Cita catro características da agricultura de mercado, propia dos países desenvolvidos.

4.-Cita os tipos de agricultura que se practican nos países en desenvolvemento.

5.- Diferenza entre a gandaría sedentaria e transhumante; gandaría intensiva e extensiva; gando estabulado e 

semiestabulado; pesca litoral, de baixura e de altura.


A SEMANA QUE VEN COMEZAMOS CA RECUPERACIÓN DA 2ª AVALIACIÓN! MOITO ÁNIMO CHIC@S! XA QUEDA MENOS!

VOS RECORDO QUE ESTAS TAREFAS SON INDISPENSABLES PARA PODER RECUPERAR AS AVALIACIÓNS SUSPENSAS!



No hay comentarios:

Publicar un comentario