miércoles, 20 de mayo de 2020

2º ESO XEOGRAFÍA E HISTORIA 20 DE MAIO

2ª SESIÓN DA 9ª SEMANA DE CONFINAMENTO

Continuamos co tema 9: AS CIDADES

Hoxe imos ver as:

 FORMAS MÁIS COMPLEXAS DOS ESPAZOS URBANOS:

-Áreas Metropolitanas: Formadas por unha cidade e outras localidades próximas, xeralmente, con Concello propio.

-Conurbacións: Acollen varias cidades e áreas metropolitanas. Son espazos urbanos moi amplos.

-Megalópoles: Son espazos urbanos continuos moi extensos, inclúen conurbacións, áreas metropolitanas e cidades.

A XERARQUÍA URBANA MUNDIAL

-Cidades globais: Inflúen no resto do mundo.
-Cidades continentais: Inflúen nun continente ou en varios países.
-Cidades estatais: Inflúen no seu propio país.
--Cidades rexionais: Inflúen en parte do seu país.

ACTIVIDADES

1.-Anota estos conceptos no teu caderno .

2.- Resume os principais problemas das cidades (páxinas 254 e 255 do teu libro).


IMPORTANTE: TAREFA  DE REFORZO PARA OS ALUMNOS CA 1ª AVALIACIÓN SUSPENSA. 

ESTAS SON AS ÚLTIMAS CUESTIÓNS DA 1ª AVALIACIÓN.

1.- Define GREMIOS e anota as súas características principais.

2.-Diferenza entre aprendiz, oficial e mestre.


IMPORTANTE: TAREFA  DE REFORZO PARA OS ALUMNOS CA 2ª AVALIACIÓN SUSPENSA

1.- Anota no teu caderno as características principais da arquitectura ROMÁNICA.

2.- Debuxa no teu caderno unha planta de cruz latina románica coas súas partes ( A tes feita na túa libreta).

3.- Características principais da escultura románica.



VOS RECORDO QUE ESTAS TAREFAS SON INDISPENSABLES PARA PODER RECUPERAR AS AVALIACIÓNS SUSPENSAS!











No hay comentarios:

Publicar un comentario