miércoles, 13 de mayo de 2020

3º ESO XEOGRAFÍA E HISTORIA 13 DE MAIO

2ª SESIÓN DA 8ª SEMANA DE CONFINAMENTO

Hoxe vades facer un test de autoavaliación do TEMA 9:

1.A conquista de Constantinopla…
a. Foi en 1456 e supuxo o coñecemento do continente americano en Europa.
b. Foi en 1453 e obrigou os europeos a buscar rutas alternativas para chegar a Oriente.
c. Foi en 1492 e provocou a chegada a Occidente do compás e do astrolabio.

2 O astrolabio e o cuadrante…
a. Permitiron navegar sen ter a costa á vista e a navegación nocturna.
b. Axudaron a medir a velocidade do barco.
c. Posibilitaron calcular a latitude.

3 As exploracións portuguesas…
a. Foron impulsadas por Henrique o Navegante e a escola náutica de Sagres.
b. Buscaron unha ruta occidental para chegar a China, sen circunvalar África.
c. Tomaron un camiño que, seguindo os Azores, as Canarias e o estreito de Hornos, levaba á
China.

4 A ruta da India…
a. Foi aberta por Bartolomeu Dias, que chegou en 1498 a Goa.
b. Foi descuberta por Pedro Álvares Cabral en 1500, tras unha viaxe chea de perigos.
c. Foi aberta por Vasco de Gama tras unha expedición de 10 meses, en 1498.

5 O Tratado de Tordesillas…
a. Separou en dúas partes o mundo, e o leste do meridiano quedou en mans de Castela.
b. Foi asinado entre Castela e Francia para resolver os problemas derivados da conquista de América.
c. Trazou un meridiano situado a 370 leguas ao oeste das illas dos Azores.

6 Colón pensaba que chegara a Cipango o 12 de outubro de 1492, pero…
a. Chegara á illa de Guanahaní, que el bautizou como San Salvador.
b. O primeiro lugar a que chegou foi a illa de Cuba, que el denominou illa Juana.
c. Descubrira A Española, que os españois bautizaron como Santo Domingo.

7 Os maias …
a. Formaron un Estado, gobernado por un xefe supremo, que controlaba o conxunto
da sociedade.
b. Eran unha sociedade monoteísta, crían en Tlaloc, o deus da chuvia.
c. Foron brillantes astrónomos, matemáticos e escultores; desenvolveron a escritura e exactos
calendarios.

8 Os incas…
a. Tiñan como máxima autoridade o Inca, considerado fillo do Sol.
b. Edificaron grandes pirámides graduadas, como Teotihuacán.
c. Cultivaron moitos produtos distintos, como o trigo, o arroz e a cebada.

IMPORTANTE: TAREFA  DE REFORZO PARA OS ALUMNOS CA 1ª AVALIACIÓN SUSPENSA

1.-Cando se creou a Unión Europea? Cita os dous obxectivos.
2.-Que significa CECA? En que ano se creou? Para que?
3.-Que se constituíu ca firma do Tratado de Roma?
4.-En que ano a CEE pasou a chamarse UE? Por que Tratado?
5.- Cita as Institucións da UE
6.- En que ano entrou España na UE?

¡NON TE OLVIDES DE ENVIALA CANDO A TEÑAS FEITA!






No hay comentarios:

Publicar un comentario