lunes, 18 de mayo de 2020

3º ESO XEOGRAFÍA E HISTORIA 18 DE MAIO

1ª SESIÓN DA 9ª SEMANA DE CONFINAMENTO

Continuamos co TEMA 10: NOVAS FORMAS DE PENSAR: RENACEMENTO E REFORMA.

O RENACEMENTO

-Nova corrente artística que converteu a o ser humano no centro de interese principal.
-Os artistas buscaron o IDEAL DE BELEZA NA ANTIGÜIDADE CLÁSICA (GRECIA E ROMA).
-Buscaban a proporción nas súas obras.
-Este estilo artístico naceu en ITALIA e divídese en dos etapas:

O Quattrocento: Século XV. Centro: FLORENCIA
O Cinquecento: Século XVI. Centro : ROMA

ACTIVIDADES:

-Despois de leer estas ideas básicas sobre a arte do Renacemento e apoiándote no teu libro de texto responde:

a) Que é un MECENAS? Nomea os principais mecenas do Renacemento italiano.
b) Cita catro características da ARQUITECTURA RENACENTISTA DO QUATTROCENTO.
c) Busca unha obra arquitectónica representativa dos arquitectos BRUNELLESCHI e LEON BATTISTA ALBERTI (se podes imprímeas e pégaas no caderno).
d) Cita catro características da ESCULTURA RENACENTISTA DO QUATTROCENTO.
e) Busca unha obra representativa dos escultores GHIBERTI y DONATELLO (se podes imprímeas e pégaas no caderno).

IMPORTANTE: TAREFA  DE REFORZO PARA OS ALUMNOS CA 1ª AVALIACIÓN SUSPENSA

a) De que ano é a nosa Constitución?
b) Que significa que España sexa un Estado social, democrático e de Dereito?
c) Cantas provincias, Comunidades Autónomas e Cidades Autónomas hai en España?
d) Que é un Estatuto de Autonomía?
e) Define: Actividade económica, ben servizo, oferta e demanda.
f) Cita as actividades dos sectores económicos.
g) Cita os principais axentes económicos e factores produtivos.

¡NON TE OLVIDES DE ENVIALA CANDO A TEÑAS FEITA!


No hay comentarios:

Publicar un comentario