lunes, 25 de mayo de 2020

2º ESO XEOGRAFÍA E HISTORIA 25 DE MAIO

1ª SESIÓN DA 10ª SEMANA DE CONFINAMENTO

SOLUCIÓNS AO TEST DE AUTOAVALIACIÓN DO VENRES 22 DE MAIO:

1. b, 2. b, 3. c, 4. a, 5. b, 6. a, 7. a, 8. b, 9. a, 10. c.

Hoxe comezamos co TEMA 10: O CONTINENTE EUROPEO, POBOACIÓN E CIDADES.

O primeiro que tendes que facer e ollar o mapa político de Europa que tendes na páxina 262 do voso libro de texto.

A continuación apoiándote no teu libro contesta ás seguintes cuestións sobre o CONTINENTE EUROPEO:

1.-En que hemisferio se atopa Europa?
2.-Por que forma Europa forma parte de EURASIA?
3.-Cantos estados existen en Europa recoñecidos?
4.-Son todos os estados iguais? Por que se diferenzan?
5.- Cales son as rexións nas que se divide Europa? Consulta o mapa da páxina 262.

IMPORTANTE: TAREFA  DE REFORZO PARA OS ALUMNOS CA 2ª AVALIACIÓN SUSPENSA

1ª. Cita as características máis sobresaíntes da pintura románica.
2ª.-Define Pantocrátor e Tetramorfos.
3ª.- Cales son as principais características da arquitectura gótica?
4ª.- Define: arco de oxiva ou apuntado, bóveda de cruzaría, arcobotante, vidrieira, rosetón e gárgola.
5ª.-Cita os rasgos principais dunha escultura gótica: Por exemplo una Virxe gótica.

RECORDA: ESTAS TAREFAS SON INDISPENSABLES PARA RECUPERAR A 2ª AVALIACIÓN.

No hay comentarios:

Publicar un comentario