lunes, 23 de marzo de 2020

23 de MARZO Xª e Hª e CULTURA CLÁSICA

23 de Marzo

Hola chic@s, como o levades? Estamos todos fartos desta situación, pero se queremos que o virus desapareza, temos que seguir aguantando e quedar na casa!!!!

A tarefa de hoxe, nesta primeira sesión da semana é a seguinte:

XEOGRAFÍA E HISTORIA

2º ESO A


1º.-Repasamos a formación dos reinos peninsulares  botando un vistazo o resume que tendes a continuación (é bastante lioso, a ver se así os é máis sinxelo):

  • REINO  ASTURLEONÉS:
  • Iníciase co líder D. Pelayo que sobre o 722 vence aos musulmáns na batalla de Covadonga.
  • Alfonso I (739-757) primeiro rei de Asturias.
  • No século X, Alfonso III conquista Galicia e león, pasando a denominarse reino de León.
  • REINO DE CASTELA
  • Inicialmente era un condado do reino de León.
  • O conde  Fernán González consegue unificar distintos territorios, os seus descendentes van herdando os territorios ata lograr unha independencia total.
  • No sigo  XI constitúese como reino con Fernando I
  • Durante o reinado de Fernando I uníronse por primeira vez en 1038 e de forma definitiva en 1230.
  • REINO DE NAVARRA
  • Territorio baixo dominio do reino franco.
  • No século IX a familia Aresta logra a independencia e créase o reino de Navarra.
  • REINO DE ARAGÓN
  • Inicialmente baixo o domino de Navarra.
  • Con Ramiro I fíxose independente e convértese en reino en 1035.
  • CONDADOS CATALÁNS
  • Formaba parte da marca Hispánica (zona defensiva na fronteira en reino dos francos).
  • O conde de Barcelona domina ao resto dos condados.
  • No século  XII o condado de Barcelona entra a formar parte do reino de Aragón.
  • REINO DE PORTUGAL
  • Pertence como condado ao reino de Castela e León.
  •  No século  XII Afonso  Henríquez proclámase rei.


2ª.-Fai o exercicio da páxina 141, número 3, interpreta a liña do tempo (as solucións publicareinas na seguinte sesión).

3ª.-A última liña do tempo corresponde a o reino de Navarra e de Aragón, para rematar coa formación dos reinos, facede o exercicio 4, páxina 142 (as solucións, tamén as publicarei na seguinte sesión para que as corrixades).

¡Con estos traballos rematamos a formación dos reinos cristiáns e na seguinte iniciaremos a RECONQUISTA E REPOBOACIÓN!




2º ESO A (para os suspensos do 1º control) e 2º ESO B

1º.- Hoxe imos avanzar no tema de Al-Ándalus. Na anterior sesión víchedes o vídeo que abarcaba ata o emirato independente. Nesta sesión ides ver o que corresponde a etapa que vai da formación do Califato de Córdoba ata o reino Nazarí de Granada.


2ª-Respone as seguintes cuestións:

a) Quen foi Abderramán III?
b) Define: Hayib, visir e valí.
c) Diferenza entre emir e califa.
d) Quen foi Almanzor? Que fixo?
e) Que eran os reinos de taifas?
f) Que imnportancia tivo para Al-Ándalus a Batalla das Navas de Tolosa?
g) Indica cales foron os trazos máis destacados do reino Nazarí de Granada.


3º ESO A e B
1º.- Para repasar o tema 6, tendes que sinalar no voso caderno as respostas correctas do seguinte  test  (publicaréi as respostas correctas na seguinte sesión): 

1ª Que densidade de poboación se considera que debe
ter un espazo para ser urbano?
a. Máis de 100 hab./km2.
b. Máis de 125 hab./km2.
c. Máis de 150 hab./km2.

2 Que distingue unha cidade doutro tipo
de localidades?
a. O seu elevado número de habitantes,
o predominio dos usos artificiais do solo
e encontrarse próxima ás vías de comunicación.
b. O seu elevado número de habitantes,
o predominio dos usos artificiais do solo
e un estatuto administrativo de cidade.
c. A baixa densidade de edificación, o elevado
número dos seus habitantes e a variedade
de usos do solo.

3 Que é o centro histórico dunha cidade?
a. O espazo en que se desenvolveu a cidade
no seu pasado (antes da etapa industrial nas
cidades europeas) e desde o que foi crecendo.
b. A zona onde se concentran as institucións máis
importantes da cidade.
c. A zona máis envellecida da cidade.

4 Que diferencia o espazo periurbano da área
rururbana?
a. Que conforma unha área metropolitana.
b. Que conforma unha área suburbana.
c. Que rodea a cidade central, coa que pode formar
unha área metropolitana.

5 Que é unha cidade difusa?

a. É unha localidade situada no espazo rural.
b. Aquela que ten un espazo urbanizado
que non é continuo nin compacto.
c. É unha zona rural que parece unha cidade.

6 O proceso de urbanización é maior actualmente
nos países…
a. Europeos.
b. Desenvolvidos.
c. Menos desenvolvidos.

7 Que é unha cidade global?

a. Unha aglomeración urbana con máis
de 10 millóns de habitantes.
b. Aquela en que se toman decisións
e se desenvolven actividades que teñen
repercusións en gran parte do planeta.
c. Unha cidade moi grande.

8 As principais cidades globais son…
a. Nova York, Madrid, París e Sydney.
b. Nova York, Londres, Madrid e Nova Delhi.
c. Nova York, Londres, París e Toquio.

9 Cales son algúns dos grandes retos das cidades
actualmente?
a. A contaminación atmosférica, o tráfico
e a perda de biodiversidade.
b. A contaminación atmosférica, o tráfico,
a xestión dos residuos e a aparición de bolsas
de marxinalidade.
c. O tráfico, o abastecemento de recursos (auga,
alimentos…) e a perda de biodiversidade.

10 A xerarquía urbana española está formada por…

a. Dúas cidades globais (Madrid e Bilbao), unha
serie de cidades rexionais e núcleos de tamaño
medio e pequeno.
b. Dúas cidades globais, cinco cidades nacionais
e unha serie de cidades rexionais.
c. Dúas cidades globais, cinco cidades nacionais,
e unha serie de cidades rexionais e de cidades
de tamaño medio e pequeno.

2º.-Para rematar, fai os exercicios número 19 e 20 da páxina 187.

Con estos exercicios dou por rematado o repaso do tema 6, xa explicado en clase. Na seguinte sesión empezaremos co tema 7.

CULTURA CLÁSICA

3º ESO A e B


1ª.- Soluciones a los ejercicios de la página 89, números :1 y 2.  Comprobad que los tenéis bien hechos en vuestro cuaderno.

1.- Para asegurarse de que ninguna persona que no tuviera el derecho de ciudadanía pudiera ocupar cargo alguno. También comprobaban así el carácter moral de los candidatos a los puestos de responsabilidad.

2.- Atenas fue la fundadora de un nuevo sistema político: la democracia. Aunque se trataba de una democracia para pocos, nació con ella la idea de la igualdad de los ciudadanos en derechos y deberes.  Desde el punto de vista social y económico, a la posesión de la ciudadanía le acompañaba el disfrute de la propiedad, clasificándose los grupos sociales por su nivel de propiedad, muchos cargos de responsabilidad eran elegidos por sorteo. En la polis ateniense el número de ciudadanos no superaba las 40.000 personas, e incluso bastaba que se reunieran unos 6.000 para que se tomaran decisiones legales.
Junto al modelo ateniense pervivió también otro sistema político en el que continuaban existiendo elementos de la época arcaica, representado por la polis espartana. Allí había dos reyes al mismo tiempo (diarquía), un consejo de ancianos (Gerusía), una asamblea de ciudadanos (apella) que se limitaba a votar los asuntos propuestos, y unos vigilantes de las leyes de la polis (los éforos).

2ª.-Realiza un esquema que contenga las tres etapas de la historia de Roma: La Monarquía, la República y el Imperio.
3ª.-A continuación realiza los ejercicios de la página 96, números 25 y 27. (publico as respostas na seguinte sesión)





COIDÁDEVOS MOITO!














No hay comentarios:

Publicar un comentario