miércoles, 18 de marzo de 2020

18 de MARZO: XEOGRAFÍA E HISTORIA 2º ESO, CULTURA CLÁSICA 3º ESO

18 de Marzo

 Recuerda, cualquier duda que tengáis podéis mandarme un correo a la dirección: mariajesuscorral22@gmail.com.


XEOGRAFÍA E HISTORIA

2º ESO A 





RESPOSTAS ÁS CUESTIÓNS PÁX 138 

-De oeste a leste son o reino de León, o condado de Castela, o reino de Navarra, os condados aragoneses de Aragón, Sobrarbe e Ribagorza e os condados cataláns de Pallars, Cerdaña, Urgell, Rosellón, Besalú, Barcelona e Ampurias.
- O reino de León e o condado de Castela.
- O reino de Navarra, os condados aragoneses de Aragón, Sobrarbe e Ribagorza e os condados cataláns de Pallars, Cerdaña, Urgell, Rosellón, Besalú, Barcelona e Ampurias.
- O río Douro. 

PÁX.139

-Xurdiron nas áreas cantábrica e pirenaica nos séculos VIII e IX, porque estas rexións abruptas e de clima húmido non foron dominadas polos musulmáns e nelas refuxiáronse moitos visigodos, principalmente nobres e eclesiásticos.
- Pelaio, un nobre visigodo, converteuse en caudillo dun grupo de refuxiados nas montañas asturianas. Enfrontouse aos musulmáns na batalla de Covadonga (722), o que lle outorgou prestixio e permitiulle afianzar o seu poder para crear o reino de Asturias. No século X, a capital trasladouse a León e o reino pasou a chamarse reino de León.
A principios do século IX, o conde Íñigo Arista expulsou as tropas francas de Pamplona e proclamouse primeiro rei de Pamplona. Tras a súa expansión territorial formouse o reino de Navarra.
A comezos do século IX, os condados de Aragón, Sobrarbe e Ribagorza independizáronse do Imperio carolinxio. Cara ao ano 820, o conde Aznar Galíndez estableceu o seu dominio sobre o condado de Aragón.
A finais do século IX, o conde de Urgell, Wifredo o Piloso, logrou expandir os seus territorios, gobernounos con autonomía do poder franco e legounos aos seus descendentes.
PENSA. Os musulmáns tiveron pouco interese en dominar o norte peninsular. Porque eran unhas rexións abruptas e de clima extremo con poucas riquezas para eles.


TAREA PARA HOXE 2º ESO A

1º.-Hoxe imos ver o vídeo: "Da formación do reino astur ata o reino de Castela", correspondente ás páxinas 139-141 do noso libro.





2º.- Despois responde ás cuestións:

a) Quen foi Don Pelaio?
b) Que sucedeu na batalla de Covadonga?
c) Cales son as orixes do reino de Castela?

2º ESO A (repaso para os suspensos) e 2º ESO B

1º.- Hoxe imos ver o vídeo: "Da conquista ao emirato", correspondente á páxina 118 do noso libro.






2º.- Despois responde ás seguintes cuestións:

a) Que foi Al-Ándalus?
b) Como se formou e como se convertíu nun emirato independente?
c) Quen foi Abderramán I e como se fixo co control de Al-Ándalus?

3º ESO A e B

1º.- Hoxe imos ver o vídeo correspondente o tema 6: Un mundo de cidades.





2ª.- Responde:

a) Que é unha cidade?
b) Que porcentaxe da poboación mundial vive en poboamento urbán?
c) Cales son os principais retos a os que se enfronta o mundo urbano hoxe en día?

CULTURA CLÁSICA 3º ESO A y B

1º.- Repasa el esquema que realizaste en la sesión anterior.
2º.- Realiza un resumen que contenga las características esenciales de las tres etapas políticas de Grecia.
3º.- Realiza los ejercicios página 89: Reflexiona 1 y 2.


Procurad realizar todo lo que os mando, así no vamos a retrasarnos en las explicaciones. 
¡Ánimo, todo va a salir bien!




No hay comentarios:

Publicar un comentario