miércoles, 15 de abril de 2020

3º ESO Xª e Hª 15 de ABRIL

Benvidos a tod@s, estamos de novo de volta das "vacacións" de Semana Santa e temos que poñernos as pilas para comezar a traballar. Espero que estedes todos ben e con moito ánimo.

Con respecto ao blog, vedes que hai algunga novidade. A partir de hoxe vades a atopar a información que vos interesa clicando na pestaña do voso curso, co cal é moito máis sinxelo atopar o que tendes que facer.



15 de ABRIL

Xa rematamos o tema antes de vacacións, polo que hoxe imos repasar os seus contidos.

 Non vos preocupedes, somente é acostumarse a este sistema, que tamén é novo para nos.

1º.- As SOLUCIÓNS aos exercicios da última sesión do 3 de abril as tendes facendo click eiquí.

2º.-  As cuestións que vou enunciar a continuación serán o resume do contido do tema, polo que é o que tendes que saber e ter respondidas na vosa libreta:

a) Cales son os índices que se utilizan para medir o desenvolvemento humano? Define cada un.
b) Escribe os trazos máis destacados dos países desenvolvidos, en desenvolvemento e menos desenvolvidos.
c) Cita as 5 causas do atraso económico e explica a influencia do colonialismo e o desfase tecnolóxico en dito atraso.
d) Qué é a débeda externa?
e) Define pobreza extrema
f) Que é o PIB per cápita?
g) Cita as 4 formas de avanzar no desenvolvemento.
h) Explica a axuda exterior: A través de organismos internacionais, pola axuda directa dos países avanzados e polas ONG.
i) Cales son as Comunidades Autónomas onde se rexistra unha maior porcentaxe de persoas pobres?

IMPORTANTE: Non vos esquezades de enviarme as contestacións ás preguntas a o meu correo. Intentade enviarme as tarefas na mesma semana que as poño, así podemos seguir un orde e vos obligades a levar a materia ao día.


No hay comentarios:

Publicar un comentario