lunes, 1 de junio de 2020

2º ESO XEOGRAFÍA E HISTORIA 1 DE XUÑO

1ª SESIÓN DA 11ª SEMANA DE CONFINAMENTO

Comenzamos co TEMA 11: ESPAÑA E GALICIA, TERRITORIO, POBOACIÓN E CIDADES.


-A organización territorial de España. Visiona atentamente este pequeno vídeo:


-Responde ás seguintes cuestións apoiándote no vídeo que acabas de ver e no teu libro (páxinas 288-289):

1.-Como se organiza territorialmente España?
2.-Que é un MUNICIPIO? Cantos hai en España? Quen o administra?
3.-Como funciona un CONCELLO?
4.-Que é unha PROVINCIA? Cantas hai en España? Quen as goberna?
5.- Por quen está formada a DEPUTACIÓN PROVINCIAL? Cal é a súa función?
6.-Que é unha COMUNIDADE AUTÓNOMA? Cantas hai en España?  Quen as goberna?
7.- Que é un ESTATUTO DE AUTONOMÍA? En que ano se aprobou o noso?

IMPORTANTE: TAREFA  DE REFORZO PARA OS ALUMNOS CA 2ª AVALIACIÓN SUSPENSA.

1.-En que ano invadiron os musulmáns á peninsula Ibérica? En que zonas se refuxiaron os visigodos? (páxina 138).
2.-Que reinos e condados cristiáns xurdiron en España nos séculos VIII e IX? (páxina 138)
3.-Resume a creación do reino ástur-leonés.(páxina 139)
4.-Que era a Marca Hispánica?(páxina 139)
5.-Quen foi Fernán González?(páxina 140)


RECORDA: ESTAS TAREFAS SON INDISPENSABLES PARA RECUPERAR A 2ª AVALIACIÓN.


No hay comentarios:

Publicar un comentario