Os alumnos de 2º da ESO foron a Cudeiro para plantar unhas árbores e coñecer moitas especies do lugar.Tamén recibiron unha charla, impartida por un Axente Forestal da Xunta de Galicia, sobre a importancia das árbores, a biodiversidade, o impacto ambiental das actividades humanas e a contaminación.
Outra actividade que realizaron, por certo moi interesante, foi aprender a orientarse con un mapa e tamén polo sol.
Os lugares visitados foron a Capela de San Marcos e a de San Bieito, todas elas atópanse no Camiño de Santiago.
No hay comentarios:
Publicar un comentario